LECTURAS

Valdemuller de Xosé A. Neira Cruz
 
Valdemuller

Minia cumpre quince anos e está a preparar a celebración habitual na súa familia aínda que non de moi bo gusto. A sorte fai que algúns dos tópicos da festa sufran certos cambios involuntarios como o ocorrido co elegante traxe que lle tiñan preparado. Un agasallo misterioso é o desencadeante dunha investigación. Minia recibe un colgante en forma de estrela ante o cal toda a súa familia experimenta un certo nerviosismo. A rapaza, pouco e pouco e coa axuda da súa tía Olga, vai descubrindo os segredos que agacha o galano e as historias que oculta a súa familia. Emprende unha viaxe cara a Valdemuller, o lugar no que reside a súa tía-avoa Estrela e, á vez que descobre o que significa ser unha "filla da lúa", experimenta un proceso de autocoñecemento e maduración que a axudarán a continuar a súa vida dende outra perspectiva.
 
 
Xosé A. Neira Cruz: ValdemullerCol. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 31. Ediciones S.M. Vigo, 1998
Premio O Barco de Vapor 1997

2 comentarios:

  1. JORGE MARTÍNEZ QUINTELA19 de marzo de 2012, 09:02

    O conto e moi entretido gustoume mais como acaba que como comenza

    ResponderEliminar
  2. A novela é moi entretida sobre todo no capitulo no que entran no Pazo de noite

    ResponderEliminar