luns, 7 de novembro de 2011

Contos por palabras




  Imos comezar coa primeira lectura deste curso, Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Agustín Fernández Paz Como narrador ten publicado, entre outras obras: Contos por palabras (1991, 2010), Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992; Rapazas (1993, 2003), relatos; Trece anos de Branca (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; Cartas de inverno (1995, 2007), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995; Amor dos quince anos, Marilyn (1995, 2001), relatos; O centro do labirinto (1997), novela; Aire negro (2000, 2009), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; Noite de voraces sombras (2002), novela; Tres pasos polo misterio (2004), relatos; Corredores de sombra (2006), novela, Premio Frei Martiño Sarmiento 2007; O único que queda é o amor (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil 2008, Premio Neira Vilas da AGE 2007, Premio da AELG 2008, Premio Frei Martiño Sarmiento 2008; Lúa do Senegal (2009), novela, Premio da AELG 2010; Non hai noite tan longa (2011), novela e Fantasmas de luz (2011), novela. A maior parte da súa obra esta traducida a todas as linguas ibéricas, ademais de ao coreano, árabe e francés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003), outorgado pola Federación de Libreiros de Galicia; o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), outorgado pola Asociación Galega de Editores, e a Letra E (2009) da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nos anos 2009 e 2011 foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award. En 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012.
Xerais