Xabier Docampo, segundo Xabier Docampo:
Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.
Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.
Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.
Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.
Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.
Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.
Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.
.
Fonte: Blog de Xabier Docampo

Nicolás non é quen de seguir o ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.